InicioCulturaA Deputación grava a Paco Alonso, memoria da pesca na Mariña

A Deputación grava a Paco Alonso, memoria da pesca na Mariña

O armador, de 94 anos, explicará os cambios no sector nun documental da Fundación TIC

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Viveiro, está a gravar un documental sobre a evolución da pesca no municipio da man de Paco Alonso, armador e patrón de 94 anos.

A Fundación TIC será a encargada da peza audiovisual, que narrará a vida do armador do Hermanos Alonso, unha figura destacada no porto de Celeiro e tamén no desenvolvemento pesqueiro na Mariña, no acceso a novos caladoiros e na evolución dos buques.

Grazas ás vivencias do entrevistado, o documental percorrerá case un século de historia. Analizará as transformacións no sector pesqueiro ao longo deste período e recollerá termos en desuso do argot da pesca.

Presentación do documental. AXM

O documento resultante pasará a formar parte do arquivo audiovisual da cidade. Tamén beneficiará ao ámbito educativo, coa súa proxección nas escolas e institutos do municipio. E servirá para fomentar o turismo ao achegar aos visitantes a cultura marítima de Viveiro.

A actividade englóbase dentro do programa do proxecto sociocultural Vivemar. O presidente do goberno provincial, Darío Campos, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro de mar, Jesús Fernández, acompañados por Lucas Requejo, impulsor de Vivemar, presentaron este xoves esta colaboración.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...