InicioCulturaA premiada obra sobre Elisa e Marcela chega a Foz o sábado

A premiada obra sobre Elisa e Marcela chega a Foz o sábado

A Panadaría recreará a historia do primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España

Publicada o

- Advertisement -

O grupo de teatro A Panadaría representará o vindeiro sábado en Foz unha obra titulada ‘Elisa e Marcela‘, baseada no primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Galicia e España.

O espectáculo celebrarase na casa da cultura e comezará ás 19.30 horas. A peza é unha comedia para adultos, cunha duración de 75 minutos. A entrada custa 3,5 euros e os interesados poden mercala anticipadamente da delegación de cultura do Concello de Foz.

OBRA PREMIADA

‘Elisa e Marcela’ conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares -ao mellor espectáculo, texto orixinal, dirección e actriz protagonista– noutros certames durante o 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

EN BURELA O 5 DE OUTUBRO

A Panadaría levará esta mesma peza á casa da cultura de Burela o venres 5 de outubro, a partir das 21.00 horas. O prezo da entrada será de cinco euros. 

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...