JUAN MAYA.
O Concello de Foz proxectará este verán
trece películas e contará cun
autocine para estrear a longametraxe ‘
María Solinha‘. Así o anunciou este xoves nunha rolda de prensa o alcalde,
Francisco Cajoto, que estivo acompañado do concelleiro de Cultura,
Héctor Moris Fernández, o director do filme mencionado,
Xosé Ignacio Vilar Díaz, a produtora de
Vía Láctea Filmes,
Eva Rivas, e o actor focego
Manuel Pumares.
Cajoto iniciou o acto calificándoo de “
moi especial” porque “estamos saíndo dunha situación moi complicada en todo o Estado e especialmente aquí na Mariña polo
brote que afortunadamente se está controlando”.
A intención do proxecto presentado é a de levar a
cultura a todos os puntos do concello: “sacala á rúa, visualizala e non esquecernos dun sector que tampouco o está a pasar ben”. Debido as limitacións de
aforamento impostas este ano polo
coronavirus, dende o Concello decidiron “
trasladar unha cuestión que
perdimos fai uns anos”.
O cine
Hermanos Pequenete, despois de case tres décadas proxectando filmes, pechaba as súas portas de xeito definitivo o día 4 de setembro de 2006. O rexedor explicou que agora se trata de volver traer o cinema a Foz pero na rúa.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura explicou que se trata dun dos proxectos que estaban previstos que se realizaran xa “antes da
Covid-19”. “Este tipo de eventos axúdannos a
controlar un pouco os aforamentos e quixemos darlle unha volta a este tipo de cine que xa se fixo na rúa no noso concello. Por iso, levámolo ás
parroquias, porque cremos que Foz fórmano tanto as fegresías como o casco
urbán”, explicou.
ATA O 21 DE AGOSTO
Hoxe proxectarase ás
22.30 horas no
Campo da Cabana o primeiro dos treces filmes previstos. Será a longametraxe titulada ‘
Longa noite‘ (2019) do director
Eloy Enciso. Moris expresou que se trata dun inicio “especial” porque no filme participa o actor nominado aos Mestre Mateo Manuel Pumares, que está enrolado aos “nosos
grupos de teatro de aficionados e que é traballador do Concello”.
En xullo as espectadoras e espectadores poderán ver filmes para todas as idades como ‘
Dumbo’ (Fazouro, día 24), ‘
Peter Rabbit’ (Santa Cilla, 29), ‘
Mary Poppins’ (Nois, 31) ou, xa no mes de agosto, ‘
Pride’ (Vilaronte, día 4), ‘
Superlópez’ (Cangas, 7), ‘
Jumanji’ (San Martiño, día 11), ‘
Lo nunca visto’ (San Acisclo, 14) ou ‘
Mascotas 2’ (Cordido, 21).
Ademais, o vindeiro día 30 de xullo, proxectarase ‘
O que arde’ no Campo da Cabana. É posible consultar o listado completo así como atopar máis información sobre o evento na páxina web
cinenarúa.com.
A PELÍCULA DE IGNACIO VILAR PODERÁ VERSE O 13 DE AGOSTO
“O punto culminante vai ser o
autocine que por primeira vez imos facer aquí en Foz co filme ‘María Solinha’, que está premiada en Galicia, España, e agora,
internacionalmente”, declarou o edil de Cultura.
Rivas, produtora do filme, comentou que ‘María Solinha’ ía estrearse orixinalmente en
salas, pero debido á irrupción do coronavirus “tivemos que
cancelar e decidimos poñer en marcha este proxecto de
cine na rúa da man de
Mr. Misto Pro & Ser, cos que levamos anos traballando”. As veciñas e veciños de Foz poderán desfrutar da proxección o día
13 de agosto no aparcadoiro
Valle Inclán ás
22.30 horas.
SOLINHA, UNHA DAS “GRANDES MULLERES GALEGAS”
A produtora calificou de “
honra” poder estar incluidos dentro da programación. “É unha maneira inédita de chegar ao espectador porque é a primeira vez que xente de
lugares medianos e pequenos vai ter acceso a unha
estrea de cine
antes que os espectadores das
cidades, onde non chegará a longametraxe ata que os aforos se
normalicen totalmente; é o que
distingue esta película de todas as nosas e das demais en
xeral”, explicou.
O director da cinta,
Xosé Ignacio Vilar, pensa que é unha “
marabilla poder estar en Foz presentando estes filmes e sobre todo ‘María Solinha’. Explicou que a primeira estrea nun autocine “fixémola en
Verín o 21 de xuño, e é unha ledicia que o noso cinema, o cinema galego, esté chegando á xente desta maneira”.
O cineasta dixo que ‘María Solinha’, a súa sétima longametraxe, xurdiu porque “durante estos tres últimos anos houbo unha
violencia e unha agresión no Estado español
contra a muller”. “Empecei a investigar quen era Solinha, unha das grandes mulleres galegas moi descoñecida, acusada de
bruxa e que foi queimada pola
Inquisición”, explicou Vilar.
TEATRO INFANTIL E DÍA DO LIBRO
O ciclo de cinema únese ao de
teatro infantil anunciado polo Concello días atrás, e xa en marcha, cada martes. Ademais, mañá todos os pais e nais que se acheguen á biblioteca recibirán un
libro infantil, recomendado para idades de tres a oito anos, con motivo do
Día do Libro.