InicioCulturaA burelá Laura Ramos Cuba gaña o Victoriano Taibo de poesía

A burelá Laura Ramos Cuba gaña o Victoriano Taibo de poesía

A escritora mariñá poderá publicar 'A situación actual', o seu primeiro poemario

Publicada o

- Advertisement -

A poeta mariñá Laura Ramos Cuba (Burela, 1993) gañou a décimo primeira edición do premio de poesía Victoriano Taibo coa súa obra ‘A situación actual‘.

A escritora, graduada en xornalismo e comunicación audiovisual, recollerá o premio no auditorio Lois Tobío de Gondomar o 17 de novembro. Con esta distinción poderá publicar o seu primeiro libro.

“SINXELEZA E FONDURA”

O certame, que convocan o Concello de Gondomar e o Instituto de Estudios Miñoráns, valorou a poética “absolutamente contemporánea” da autora, con “sinxeleza e fondura ao mesmo tempo”.

Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta e Rafa Vilar integraron o xurado que elixiu a obra da escritora burelá.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...