InicioCulturaSurf, carreiras solidarias, tapeos e olimpiadas rurais, na axenda da fin de...

Surf, carreiras solidarias, tapeos e olimpiadas rurais, na axenda da fin de semana

Alfombrais florais e festa dos callos, charlas contra a violencia machista ou cine ao aire libre son outras das propostas culturais e de ocio na bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

Repasamos a oferta cultural e de ocio da Mariña Lucense para esta fin de semana. 

BURELA

As carreiras solidarias Alas de Vida sensibilizarán un ano máis sobre a enfermidade rara da pel de bolboreta. As probas -sete quilómetros de carreira e 14 de trail– serán o domingo. O sábado haberá paseo solidario e festa infantil.

Na fin de semana tamén hai actividades da Semana da Mobilidade que impulsa o Concello. O venres, ás 18.30 horas, comezará o concurso de debuxo infantil na Praza da Mariña, con categorías de tres a doce anos. O sábado, o programa inclúe rutas en bici eléctrica, desde as 10.00 horas, e un taller de manualidades con Gaia, a partir das 12.00.

CERVO

O Limosa Club organiza o sábado a décimo primeira edición do aberto MacGuiver Surf. Celebrarase desde as 10.00 horas na praia de Lieiro, coa entrega de premios prevista para as 20.00. Ao rematar haberá concerto de Chris Masuak and The Viveiro Wave Riders.

Cervo honrará esta fin de semana á virxe das Dores. O sábado, desde as 12.00 horas, confeccionarase a alfombra floral, e tamén comezará daquela a quinta edición da exaltación dos callos, que continuará pola tarde. Pola noite haberá verbena con Salsarena e Tania Veira. Para o domingo quedan a misa e procesión, desde as 13.00 horas, e a sesión vermú.

Alfombra floral en Cervo. FB

MURAS

Muras convida a desfrutar dos animais esta fin de semana na trixésimo primeira edición da Feira do Poldro de do Gando de Monte. O domingo haberá roteiros de observación de cabalos no Xistral, de 14.00 a 20.00 horas e con quendas de 45 minutos, e as espectaculares carreiras de cabalos, desde as 16.20. O sábado, xogos ecuestres e olimpiadas rurais. Se barallas achegarte á Gañidoira podes consultar o programa nestas imaxes.

A PONTENOVA

O sábado celebrarase a quinta edición da ruta ecuestre Equus Norte, con carreira de obstáculos desde as 16.30 horas na parrillada A Mina.

RIBADEO

Ribadeo acollerá este venres e mailo sábado unha nova edición das Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local. Podes consultar o programa premendo aquí.

VIVEIRO

Segue o programa de Vivemar, cun tapeo a partir de produtos do mar que involucrará a 25 locais de Viveiro, Celeiro e Covas ao longo da fin de semana. Dentro deste proxecto, tamén continúan as exposicións de aparellos de pesca, maquetas de embarcacións mariñeiras ou fotografías relacionadas co medio mariño. Podes consultar os horarios das mostras e o listado de establecementos de hostalería participantes neste enlace. 20180828 (2).CRONOGRAMA VIVEMAR

Tapas en Viveiro. AXM

O sábado, a Federación de Comercio A Mariña (FCAM) sorteará 1.500 euros a todos aqueles que realizasen compras nos negocios locais durante a última semana. Será ás 20.30 horas, na praza maior.

Landrove presume da beleza do rural na quinta edición da Festa Labrega. Os actos comezan este venres, co acendido da chama olímpica, e o sábado -a partir das 16.00 horas- comezarán as olimpiadas rurais. Logo haberá cea e verbena. O domingo, a organización entregará os premios.

Continúa o programa de Sábados de contos, co espectáculo ‘Meiga Nova, metade anxo metade marisco‘, inspirado en Maruja Mallo. A actividade comeza ás 12.00 horas, na biblioteca. Máis información neste enlace.

XOVE

O Concello propón cine ao aire libre este venres, desde as 21.30 horas na praza do centro cívico. Proxectará a película ‘Pérez, o ratiño dos teus soños‘, premio Goya á mellor película de animación. A actividade será de balde.

ÚLTIMAS

Burela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

O Concello de Burela vén de realizar unha serie de melloras na canceira municipal,...

Espectáculo ‘Sentir’ do Mago Rafa no Pastor Díaz de Viveiro

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo...

Viveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou...

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...