InicioCulturaCarlos Núñez actuará na catedral de Mondoñedo o 21 de outubro

Carlos Núñez actuará na catedral de Mondoñedo o 21 de outubro

O gaiteiro vigués ofrecerá un concerto especial nas San Lucas para arredor de 500 persoas

Publicada o

- Advertisement -

A asociación As San Lucas, que organiza a feira do mesmo nome, anunciou que Carlos Núñez actuará na catedral de Mondoñedo o 21 de outubro, dentro das actividades programadas para os festexos.

Unhas 500 persoas poderán acceder ao recital, de pago e con aforo limitado. A organización porá as entradas á venta o vindeiro venres, 21 de setembro, na plataforma entradas.ataquilla.com.

AS FEIRAS MÁIS ANTIGAS DE GALICIA

O concerto do gaiteiro vigués será un dos grandes reclamos desta edición das feiras máis antigas de Galicia, que datan do 1156. O programa de actividades, que inclúe maxia, teatro ou espectáculos de doma nocturna, comezará o 17 de outubro e rematará o día 21.

BAIXADA DOS CABALOS E PREGÓN

A espectacular baixada dos cabalos ata a Praza da Catedral abrirá os festexos. Será o mércores, ás 18.45 horas. Ese mesmo día, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, natural de Barreiros, pronunciará o pregón desde as 20.45 horas, no auditorio Pascual Veiga.

FEIRA E SHOW DE DOMA NOCTURNO

A tradicional feira de gando, que se celebrará o día 18 no campo dos Paxariños, repartirá máis de 8.000 euros en premios entre 50 categorías. O día grande completarase cunha exhibición de doma nocturna -da que haberá un segundo pase o 19-.

Cartel das San Lucas. AXM

CONCERTO DE GRUPO EXTRA

O concerto do grupo de bachatas Extra, o sábado 20, será outro dos grandes atractivos dun programa que tamén ofrecerá encontros folclóricos e un monólogo de Quico Cadaval.

VERBENAS

Panorama e Punto Clave (que actuarán o día 17), Compostela e Los Satélites (18), París de Noia e Principal (19), La Favorita e Israel (20) e Palladium (21) farán as delicias dos amantes da verbena.

PRESENTACIÓN

A agrupación organizadora presentou a feira no Pazo de San Marcos, coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. O goberno provincial colabora cos festexos cunha achega de 20.000 euros.

Presentación da feira. AXM

O presidente da comisión, Miguel Souto, citou a Miguel Anxo Murado para definir As San Lucas como “a apoteose lírica do cabalo” e convidou a “achegarse a Mondoñedo e desfrutar dun evento único”.

Pola súa banda, Campos asegurou que “é un privilexio promocionar unha feira con 862 anos de tradición“.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...