InicioCulturaSetembro, mes de contos en Viveiro

Setembro, mes de contos en Viveiro

O Concello impulsa un ciclo de contacontos e obradoiros na biblioteca, con entrada de balde

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, en colaboración coa Xunta de Galicia, impulsa Sábados de contos, un programa gratuíto de obradoiros e contacontos que se celebrará durante o mes de setembro. Todas as actividades serán ás 12.00 horas na biblioteca municipal.

O vindeiro sábado inaugura o programa ‘Érase dúas veces a Bela e a Besta‘, a cargo de Xogando nas Nubes. Os asistentes participarán dun obradoiro de teatriño de sombras chinesas e adaptará o conto de ‘A Bela e a Besta‘, cambiándolle o rol á protagonista para reflexionar sobre os valores e as ideas de xénero. A entrada será de balde, ata completar aforo.

DÍA 15

O día 15 será a quenda de Raquel Queizás, con ‘Romaría‘. A Avoa Tareixa achegará ao público infantil as lendas de Galicia, sen deixar de tratar temas de plena actualidade.

DÍA 22

O sábado 22 haberá unha narración ilustrada da colección de libros Polo Correo do Vento. O espectáculo, titulado ‘Meiga Nova, metade anxo, metade marisco‘, está baseado na biografía da artista viveirense Maruja Mallo, e os pícaros asistentes realizarán unha caricatura da pintora.

DÍA 29

O día 29, A Tropa de Trapo pechará o programa con ‘Contos de nenas grandes e pequenas‘.

Este ciclo aspira a incentivar a lectura, a creación artístico-literaria, a comunicación en galego e a transmisión de valores como son a igualdade de xénero, o respecto mutuo ou o coidado do medio ambiente.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...