InicioCulturaCarlos Blanco fará escolma dos seus mellores monólogos en Lourenzá

Carlos Blanco fará escolma dos seus mellores monólogos en Lourenzá

O actor galego actuará na casa da cultura o 29 de setembro, dentro do ciclo 'Cultura no Camiño'

Publicada o

- Advertisement -

O actor e humorista Carlos Blanco ofrecerá en Lourenzá unha escolma dos seus mellores monólogos. O cómico de Vilagarcía de Arousa actuará o 29 de setembro na casa da cultura, a partir das 20.30 horas. A actividade enmárcase no ciclo ‘Cultura do Camiño‘, que impulsan a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia.

Célebre pola súa interpretación de Laureano Oubiña en ‘Fariña‘, Blanco leva máis de 30 anos exercendo o arte do monólogo. Os dobraxes do cine porno, as mulleres bravas da súa terra natal ou as frases dos avós son algúns dos temas que repasará na súa actuación, non recomendada para menores de 13 anos.

MAXIA EN MONDOÑEDO

‘Cultura no Camiño’ traerá outro espectáculo á Mariña Lucense no mes de setembro. Será en Mondoñedo, o día 8. O ilusionista Dani García presentará o seu espectáculo de maxia ‘Acción‘ no salón de actos da casa da xuventude, desde as 18.00 horas.

Trátase dunha actuación que mestura humor, drama e efectos de maxia coa mente, con alimentos e mesmo co propio corpo do mago. Un evento recomendado para toda a familia.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...