InicioCulturaCoñece o programa da Feira do Libro de Burela, que quere atraer...

Coñece o programa da Feira do Libro de Burela, que quere atraer aos nenos

A presenza da escritora burelesa Antía Yáñez será un dos atractivos do evento, do 31 de agosto ao 2 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

A escritora burelesa Antía Yáñez presentará a súa primeira novela para adultos, ‘Senlleiras‘, na cuarta edición da Feira do Libro de Burela, que o Concello impulsa a vindeira fin de semana, do 31 de agosto ao 2 de setembro.

A autora mariñá, que estará na feira o sábado 1, desde as 19.00 horas, foi recoñecida recentemente co premio Illa Nova de Narrativa pola súa nova obra e tamén co Fina Casalderrey de literatura infantil. Ademais de Yáñez, participarán na feira Manel Loureiro, Matías Escalera, Suevia Figueroa e Otto Treto, Pablo Mosquera, Carlos Nuevo Cal e Alfonso Otero Regal, entre outros.

CRIANZAS

O goberno local, segundo espuxo o concelleiro de cultura, José Díaz, pretende atraer aos nenos á feira cun programa con varias actividades infantís, entre elas tres espectáculos de contacontos, un por xornada.

HABERÁ UN TALLER DE MANUALIDADES E TRES ESPECTÁCULOS DE CONTACONTOS, UN POR XORNADA

VENRES

O venres pola mañá celebrarase unha das novidades desta edición, o concurso de relatos “ao voo”. Pola tarde haberá un obradoiro de manualidades a cargo da aula medioambiental Gaia e as 19.30 comezará un espectáculo de contacontos, música e humor a cargo de Saleta Fernández & Pan con Chocolate. Ademais, a feira contará coa presenza dunha retratista, Eva Carballades. Para a primeira xornada está tamén prevista a presentación da nova novela de Manel Loureiro, ‘Veinte‘.

Programa do venres e o sábado. AXM

SÁBADO

O sábado será o pregón, que pronunciará desde as 12.30 horas Matías Escalera. A continuación haberá unha nova sesión de contacontos, que ofrecerá Bandullo Azul. Ademais de Yáñez, na segunda xornada presentarán traballos María José Rodríguez, Pablo Mosquera, Carlos Nuevo Cal e Otero Regal.

Ademais, sortearase un lote de libros doado polos oito stands que participarán no evento.

Actividades do domingo. AXM

DOMINGO

O domingo, Caxoto divertirá a pequenos e grandes co seu contacontos, desde as 12.30 horas. Pola tarde presentarán libros Carmen Luisa González Suárez e Suevia Figueroa e Otto Treto. Pechará a feira, que sorteará peixe de Armadores de Burela, S. A. (Absa), un programa de Radio Burela en directo conducido por Pepe Peinó.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...