InicioCulturaUn roteiro entre Riotorto e Meira reivindicará de novo a obra de...

Un roteiro entre Riotorto e Meira reivindicará de novo a obra de Avelino Díaz

A andaina celebrarase o domingo e comezará na casa natal do poeta, situada no lugar da Travesa

Publicada o

- Advertisement -

Este domingo celébrase o quinto roteiro en homenaxe ao poeta da diáspora Avelino Díaz (1897-1971). A andaina comezará na súa casa natal no lugar da Travesa, en Riotorto, e percorrerá uns dez quilómetros ata Meira, seguindo un trazado empregado tradicionalmente para  viaxar a pé entre as dúas localidades e que formou parte da experiencia vital do escritor antes de emigrar definitivamente a América no 1910.

A camiñada abrirá unha xornada de encontro en torno a figura do autor que continuará pola tarde en Meira cun xantar colectivo no polideportivo municipal, un recital dos seus poemas e mais a actuación musical da agrupación Arco da Vella.

O roteiro foi unha das primeiras actividades organizadas pola Asociación Cultural Avelino Díaz para reclamar a atención sobre a intensa actividade literaria, xornalística e política que o autor desenvolveu en Bos Aires co recoñecemento da comunidade galega, pero que apenas atopou eco no outro lado do Atlántico.

A asociación presentou a candidatura do autor ao Día das Letras Galegas nos últimos tres anos

O pasado verán, o colectivo marcou a ruta colocando sinais –cunha pluma de cor amarelo- en diferentes puntos deste percorrido polos montes de Candedo e pola Serra de Meira do que tamén se pode seguir o rastro nos poemas coñecidos de Avelino Díaz -boa parte da súa obra segue inédita ou por localizar-.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...