InicioCulturaRecollen sinaturas para adicar as Letras Galegas a Avelino Díaz

Recollen sinaturas para adicar as Letras Galegas a Avelino Díaz

O prazo para apoiar a candidatura do poeta, nacido na Órrea e criado en Meira, remata o 28 de abril

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural Avelino Díaz recollerá sinaturas ata o día 28 de abril coa fin de que a Real  Academia Galega (RAG) adique o Día das Letras Galegas ao poeta do mesmo nome. Os interesados descargar o impreso na páxina de Facebook do colectivo e entregalo, sempre antes desa data límite, a través do correo electrónico poetaavelinodiaz@gmail.com.

Nacido en Santa Comba da Órrea no 1897, Díaz pasou boa parte da súa nenez en Meira, antes de emigrar a Bos Aires, onde exerceu o xornalismo. Alí desenvolveu unha intensa actividade cultural na Federación de Sociedades Galegas. Publicou catro volumes de poesía e, segundo o colectivo que pretende reivindicar a súa figura, deixou 851 poemas que fican inéditos. ‘Debezos’, obra de 1947, está considerado o primeiro poemario en galego da posguerra.

o vate, que viviu a maior parte da súa vida en bos aires, deixou 851 poemas inéditos

Xosé Neira Vilas definía a Díaz como “o máis hábil versificador galego” e quixo presentar a súa candidatura para o Día das Letras no 2015. O vate riotortense e meirego morreu na capital arxentina en 1971, aos 73 anos de idade.

RIOTORTENSES E MEIREGOS, XUNTOS

Diversas agrupacións de Riotorto e Meira apoian o esforzo da asociación cultural Avelino Díaz. Logo de recibir a negativa da RAG a incluír a Díaz nunha listaxe de candidatos, o colectivo decidiu emprender esta campaña de captación de sinaturas. En función do apoio recibido, trazará a estratexia a elixir para tentar conseguir o seu obxectivo.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...