InicioCulturaPaula Comendeiro, da Pontenova, gaña o Mariña Folgueira de redacción xornalística

Paula Comendeiro, da Pontenova, gaña o Mariña Folgueira de redacción xornalística

A alumna do IES Enrique Muruais presentou o mellor traballo do concurso na categoría de primeiro ciclo de secundaria

Publicada o

- Advertisement -

Paula Comendeiro, do IES Enrique Muruais da Pontenova, impúxose con ‘Sempre em Galicia‘ no concurso de primeiro ciclo de secundaria do premio de Redacción Xornalística Mariña Folgueira, que convoca a asociación de veciños de Reigosa, na Pastoriza.

Na cuarta edición do certame, ‘Serendipia‘ de Ariana Núñez, do IES Basanta Silva de Vilalba, resultou o traballo vencedor do segundo ciclo de secundaria e o mellor valorado polos membros do xurado.

Na categoría de segundo e terceiro ciclo de primaria gañaron, respectivamente, Iker Fernández, co texto ‘Axuda entre os veciños‘, e Pablo Ledo coa redacción ‘Sempre en Galicia: así é a miña aldea‘, ambos do CEIP O Salvador da Pastoriza.

XURADO

Formaron parte do xurado profesionais recoñecidos do sector da comunicación e da docencia, todos eles amigos de Mariña Folgueira, veciña de Reigosa homenaxeada neste acto. Os xornalistas Manuel Gago, Alberto Barciela e Xurxo Salgado, xunto co linguista Paulino Novo e o profesor, cantautor e político galego Mini Rivas foron os encargados de seleccionar os catro nomes de entre o cento de traballos presentados.

PREMIOS

Todos os nenos premiados levarán como recoñecemento un diploma, un lote de libros e unha tablet. O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de agosto, ás 16.00 horas, no centro sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...