InicioCulturaA Órrea lembra os seus segadores cun libro

A Órrea lembra os seus segadores cun libro

O domingo será a presentación da investigación, realizada por Carlos Veiga e impulsada pola asociación veciñal de Santa Comba

Publicada o

- Advertisement -

A asociación veciñal de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, presentará o vindeiro domingo o libro ‘Segadores da Órrea en Castela, unha historia de heroes’, unha obra que reconstrúe a historia dos emigrantes desta parroquia riotortense que foron traballar en Castela, na sega estival de todo tipo de cereais e leguminosas. Será no local social parroquial, a partir das 11.30 horas.

O fenómeno migratorio cara as terras de Castela desde zonas como Valdeorras, O Bolo e Trives, na provincia de Ourense, e A Terra de Miranda e A Terra Cha foi constante durante tres séculos, desde o XVII ata mediados do XX. Na parroquia de Santa Comba da Órrea, esta migración estacional tivo moita incidencia, dada a súa elevada poboación e escasa disposición de terras de labranza. De aí que moitos adolescentes e homes formasen “cuadrillas” -de nove homes na maior parte dos casos- que ano tras ano, primeiro a pé no mes de maio e logo en ferrocarril no mes de xuño, marchaban para traballar na sega, unha situación que se repetiu ata a década dos 60 da pasada centuria.

as migracións estivais cara castela duraron 300 anos

A presenza dunha decena de segadores convertirá a presentación nun verdadeiro acto de memoria histórica, capaz de tender pontes entre as xeracións máis novas e máis vellas do lugar.

Na presentación estarán, por suposto, o autor da investigación, Carlos Veiga; Eliseu Fernández, fillo de afiador e estudoso do tema; Anxo Villada, da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto; Manolo Pardo, presidente da Asociación de Amigos da Malla de Meira; Alberto Fernández, segador; a veciña da parroquia Mariluz Iglesias, presentadora do acto e estudosa tamén do fenómeno migratorio; e Toño Abraira, presidente de agrupación que publicou o estudo.

DOCUMENTAL

O colectivo organizador informa tamén de que ten previsto completar a investigación escrita cun documental realizado en colaboración coa Fundación TIC lucense.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...