InicioCulturaBatuko Tabanka, premio Mestras da Memoria 2020

Batuko Tabanka, premio Mestras da Memoria 2020

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñece o seu traballo de difusión da cultura caboverdiana por todo o mundo e entregaralles o galardón no mes de maio

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou na mañá do pasado sábado a súa asemblea xeral, na que decidiu que distinguirá como Mestras da Memoria 2020 ao grupo de música tradicional de Cabo Verde afincado en Burela Batuko Tabanka.

A agrupación, que distinguirá a Emilio Españadero Paz, director e presentador do programa radiofónico ‘Lume na Palleira‘ (Radio Galega) como Mestre da Memoria 2020, salienta que Batuko Tabanka, nome que se pode traducir como “Entroido de tambores”, “revive a memoria das súas orixes que recuperaron entre nós, na terra á que se viron forzadas a migrar por necesidades económicas”.

“O seu proxecto, con máis de vinte anos de vida, serviulles para percorrer Galicia e outras partes da península e incluso varios países de Europa. Protagonizan documentais, participaron en numerosos festivais e programas de televisión. Incluso ofreceron concertos no seu propio país. A súa decisión provocou, ademais de conservar o seu rico folclore, difundilo polo mundo“, salienta a AELG.

O grupo formouse a finais do século XX en Burela. No 2009 gravou o seu primeiro disco ‘Djunta mô‘ (‘Xuntamos as mans‘) editado pola produtora PAI Música, para o que contaron coa colaboración de Uxía, Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e Fernando Abreu.

EMILIO ESPAÑADERO (‘LUME NA PALLEIRA’), MESTRE DA MEMORIA

A entrega destas distincións terá lugar na V Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo co apoio do Concello de Lugo no mes de maio.

VÍCTOR VAQUEIRO E MARIASUN LANDA, TAMÉN RECOÑECIDOS

Ademais, segundo expón a AELG, acordouse que Vítor Vaqueiro sexa o próximo “Escritor na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo sexta edición; será no mes de xuño no concello de Santiago de CompostelaMariasun Landa foi ratificada como Escritora Galega Universal 2020, “desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi”.

ÚLTIMAS

Manuel García; Asociación Agarimos: “Buscamos máis implicación nas decisións sobre a residencia de Foz”

-Cal foi a principal motivación para transformarse nunha asociación, unha personalidade xurídica? O motivo está...

Restricións de estacionamento durante o Resurrection Fest en Viveiro

O Concello de Viveiro informa que, debido ás modificacións do tráfico con motivo do...

Comeza o programa ActivaMENTE de Alfoz

Coincidindo coa chegada do verán as persoas maiores participantes no programa ActivaMENTE do Concello...

Punto de Actualización de Documentación da Policía Nacional en Foz

O Concello de Foz ten xa en funcionamento un Punto de actualización de Documentación...