InicioCulturaArizona Baby e a autora de 'Lo Malo' animarán Osa do Mar,...

Arizona Baby e a autora de ‘Lo Malo’ animarán Osa do Mar, de balde e no centro de Burela

O evento, do 14 ao 18 de agosto, ofrecerá actuacións na hostalería burelesa e inclúe no cartel grupos galegos do nivel de Terbutalina, Baiuca ou os locais Oh Ayatollah

Publicada o

- Advertisement -

O grupo pucelano de rock Arizona Baby -en formato dúo- e Brisa Fenoy, autora da popular canción ‘Lo Malo‘, popularizada por Operación Triunfo, serán dous dos grandes atractivos da quinta edición do festival Osa do Mar de Burela. Fanto Fantini, a asociación organizadora, daralle un novo aire ao encontro, que se celebrará do 14 ao 18 de agosto e que mudará de formato: será de balde e os concertos celebraranse na vila de Burela.

No cartel elaborado pola organización tamén destacan grupos galegos como a banda de punk Terbutalina ou Baiuca, que mestura os sons tradicionais con electrónica. Oh Ayatollah, con representación burelesa na formación, é unha das revelacións da música pop da nosa terra.

Os concertos comezarán o martes 14 en distintos establecementos hostaleiros da localidade. Así, Es Un Árbol abrirán o programa ás 22.00 horas, na Parrillada de Jandro. Ás 00.00, Aula 11 actuarán no Boas Migas e ONNLBN tocarán desde as 02.00 horas do Badabing / Ipub. O mércores seguirán os recitais coa quenda de da Eu Son Band & Cooner, que estarán no Traste desde as 20.00 horas.

O xoves continuarán os concertos en diferentes puntos da vila. Voodoo actuarán na Marquesa (21.00 horas) e Superglú animarán o Boas Migas (23.00). O venres, a cervexería Kiko acollerá un mini-festival desde as nove da noite con Miss Lane & The Kryptonians, The Show Bass (The Xoubas) e Oh Ayatollah. Ao seu remate, a música seguirá co DJ Zé Pequeno no Warhol, desde as 02.00.

SÁBADO

A xornada grande do festival será o sábado. Esteban y Manuel (O Traste, 13.00 horas), Kings Of The Beach (cervexería Kiko, 13.45) e The Trunks (Hotel Nordés, 14.30) animarán o vermú. Pola noite, as actuacións serán na Praza do Concello. Abrirá o programa Arizona Baby (22.00 horas), tralos que actuarán Brisa Fenoy (23.15), Terbutalina (00.30) e Boyanka Kostova (01.45). Baiuca porá o broche de ouro ao evento no Warhol (03.00 horas).

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...