InicioCulturaCalabash e Gramola reaparecen o venres en Ribadeo

Calabash e Gramola reaparecen o venres en Ribadeo

As dúas formacións ofrecerán un concerto conxunto no cine teatro logo de anos sen tocar

Publicada o

- Advertisement -

As formacións ribadenses Gramola e Calabash reaparecerán, logo dun tempo de inactividade, para ofrecer un concerto conxunto que se celebrará o vindeiro venres, 10 de agosto, no cine teatro de Ribadeo, desde as 20.30 horas. O docente de percusión Marcos Rodríguez e a profesora de violín Olalla Canoura, mestres en escolas de música da Mariña, impulsan este proxecto.

Calabash é un grupo de percusión ribadense que leva tres anos sen funcionar. “Foi por causa do relevo xeracional. Tivemos que agardar uns aniños pero agora xa temos uns rapaces que animarán a tarde”, explicou Rodríguez. A formación interpretará “temas de rock and roll ou batucada, sobre todo ritmos latinos“, expón o docente, que destaca que “xogamos coas melodías na percusión”. Formarán a banda entre 15 e 20 persoas.

algunhas pezas do recital xuntarán a preto de 50 músicos no escenario

Gramola, unha agrupación de corda con elementos de percusión e vento na que participan 30 músicos, naceu para o Ribadeo Indiano e volve tras un parón dun ano. Incluirá no seu repertorio boleros, cha cha chas, mambos ou sambas.

INTÉRPRETES DE OITO ANOS

“Na Gramola hai rapaces de oito anos, con nenos que levan uns meses tocando, o que será un reto para eles. Por todo o cariño posto neste proxecto penso que merecerá a pena e que as persoas que se acheguen poderán pasar unhas boas horas”, espuxo Rodríguez.

As dúas agrupacións interpretarán tres pezas de forma conxunta, polo que os asistentes poderán ver a uns 50 músicos sobre o escenario.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...