InicioCultura"Mondoñedo é un lugar de conto e o ano pasado volvimos cunha...

“Mondoñedo é un lugar de conto e o ano pasado volvimos cunha sensación de gremio”

A cidade de Cunqueiro repite desde este venres como sé do encontro da narración oral galega, que inclúe unha gala e un roteiro familiar abertos ao público e gratuítos

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo acollerá desde este venres o segundo encontro da narración oral galega. A cidade mindoniense foi no 2019 a sé da primeira xuntanza do colectivo NOGA, cun programa que inclúe actividades formativas destinadas a profesionais e semiprofesionais, tanto deste como doutros oficios, e actos abertos ao público, como a gala (21.00 horas, auditorio Pascual Veiga) que inaugurará o evento.

O encontro servirá para que uns 40 narradores fagan piña e se afirmen como colectivo. “A anterior xuntanza foi moi bonita, saímos cunha sensación moi forte de gremio“, explica unha das organizadoras da cita, Cris de Caldas.

Os contos entretiveron e educaron ao longo da historia a moitas xeracións de galegos. Hai un censo dos narradores orais en Galicia? “É algo que tiñamos en mente, pero non é sinxelo de facer, porque entendemos que non chegamos a toda a xente que queremos”, sinala. “A participación este ano foi maior có anterior, iso fala de que reunirnos foi un éxito. Cremos que o ano que vén seremos máis”, remarca.

“DIGNIFICAR O OFICIO”

O sábado haberá unha xuntanza na que profesionais e semiprofesionais abordarán as súas circunstancias laborais, buscando aquelo que os une. “Hai moita variedade. Xente que conta só para nenos e outra que traballa só para adultos; narradores orais que contan co corpo e persoas que utilizan títeres ou música; pero ao final temos unha serie de problemas comúns”, indica.

“Queremos dignificar o oficio. Loitar por un caché digno, por que poidamos formarnos aquí sen ter que marchar fóra, a relación coas institucións, ter unha páxina web para darnos visibilidade… Do ano pasado saíron mesmo grupos de traballo; un deles, que se chama Teoría, ofrece unha perspectiva histórica do que é o conto”, subliña.

“Notamos que hai unha tendencia a pensar que os contos son principalmente para nenos, e queremos axudar a formar unha rede nas vilas para que se programen máis contos para adultos. Tamén falaremos das vantaxes e desvantaxes de converternos en asociación, nunha entidade xurídica“, concreta.

Cartel da gala. AXM

Por que Mondoñedo como centro? “Está claro que é unha vila especial, cunha impronta literaria que lle dá Álvaro Cunqueiro e tamén outras persoas”, razoa a narradora, que precisa que a colaboración do Concello foi fundamental. “Felipe Díaz, Caxoto, e Ángeles Goás, que son da zona, presentaron o proxecto e desde o principio a predisposición foi excelente, dixeron que si practicamente a todo. Este ano ofrecerannos dúas noites de pernoita na Hospedería Santa Catalina“, expón.

PROGRAMA FORMATIVO

As actividades formativas, o sábado pola mañá -desde as 10.00 horas- e ata primeira hora da tarde, inclúen un obradoiro, titulado ‘Falamos da voz‘, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; a xornalista Eva Mejuto falará sobre ‘Conto, igualdade e diversidade‘. Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia ‘O cambio climático non existe… É un conto‘.

Finalmente, a actriz e doutora en Ciencias da Comunicación Comba Campoy dará unha conferencia sobre ‘Violencia nos títeres‘.

UNHA GALA E UN ROTEIRO “DE CONTO” ABERTOS AO PÚBLICO

O vindeiro venres, 24 de xaneiro, o programa abrirase cunha gala “chea de sorpresas” que conducirá Carmen Conde.

Mapa do roteiro. AXM

Para o día 26, o programa recolle un roteiro para público familiar, que leva por título o de ‘Aquí contamos‘. O percorrido empezará ás 11.30, no quiosco da Alameda dos Remedios, pasará pola Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, a Fonte Vella, o barrio dos Muíños e a Ponte do Pasatempo. O percorrido acabará sobre as 13.00 horas. Os organizadores anuncian “unha mañá chea de narración para todas as idades, por lugares de conto”.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...