InicioCulturaPedro Cabarcos Quintela, seleccionado para o concurso da National Portrait Gallery de...

Pedro Cabarcos Quintela, seleccionado para o concurso da National Portrait Gallery de Londres

O debuxante e docente vilalbés, afincado na Mariña Lucense, foi escollido entre os aspirantes dun certame de retratos de talla mundial

Publicada o

- Advertisement -

O vilalbés afincado na Mariña Lucense, Pedro Cabarcos Quintela, membro da asociación Tá en Artes, foi seleccionado para participar na 31 edición do concurso de retratos que organiza a National Portrait Gallery de Londres.

Cabarcos é debuxante e docente, nacido en Vilalba no 1955 e Licenciado en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid.

Segundo expuxo Tá en Artes a través dun comunicado, na edición do ano anterior participaron no National Portrait Gallery 2.583 artistas de 81 países sendo seleccionados 290 para a fase final, polo que o colectivo considera esta elección “unha boa noticia para a comarca, dada a aposta que esta asociación realiza en arte e educación, e que reivindica o traballo dos artistas da nosa comarca”, e “un triunfo colectivo de todo ambiente artístico e educativo”.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...