InicioCulturaKepa Junkera será un dos reclamos do Festival Intercéltico de Tapia

Kepa Junkera será un dos reclamos do Festival Intercéltico de Tapia

A cita reunirá máis dunha docena de grupos e bandas do panorama folk internacional desde este mércores ata o vindeiro luns

Publicada o

- Advertisement -

O músico  Kepa Junkera encabeza o cartel do Festival Intercéltico d´Occidente (FIDO), que comeza este mércores en Tapia de Casariego. O mestre da “trikitixa” actuará o venres na praia do Murallón, nun escenario único co mar como pano de fondo, polo que pasarán recoñecidos artistas do panorama folk internacional como a vocalista e violinista irlandesa Niamh Ni Charra, a prestixiosa escola de danza Dominic Graham School of Irish Dance e os asturianos Ajo Band e Fontoria.

Os concertos do Murallón Folk son os pratos fortes dunha axenda que se extenderá ata o luns 6 de agosto, e que animará as rúas e o porto de Tapia con actuacións de bandas e grupos de baile de Asturias, Galicia, Madrid, Bretaña ou Escocia.

A homenaxe musical aos mariñeiros no mirador dos Cañóis e a reunión das bandas no peirao tapiego para facer soar a “Alborada do mar” e percorrer as rúas da vila serán algúns dos momentos máis emotivos destas xornadas festivas nas que se celebra o legado cultural que une o Occidente asturiano con outros territorios do arco atlántico.

MERCADO CELTA

O izado da bandeira celta e a inauguración do mercado este mércores ás 19:30 hora marcará o inicio dos festexos. Uns corenta postos de alimentación e artesanía permanecerán abertos nas rúas céntricas da vila desde as 11 da mañá ata as 11 da noite.

O programa do FIDO inclúe tamén diferentes obradoiros, coloquios e exposicións – “Cultura Vaqueira” no hall da Casa da Cultura- para públicos de todas as idades. A axenda completa pode consultarse na web do Festival.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...