InicioCulturaO Cuarteto Argos inaugura o Festival Internacional de Música de Piantón

O Cuarteto Argos inaugura o Festival Internacional de Música de Piantón

Sete agrupacións e solistas de diferentes países europeos participan neste ciclo musical que culminará cun concerto conxunto o vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

As frautas traveseiras do Cuarteto Argos inauguraron este domingo o Festival Internacional de Música de Piantón, que reúne sete agrupacións e solistas de diferentes países europeos na localidade vegadense.

As integrantes do grupo  – dúas españolas e dúas italianas que están a rematar os seus estudos no Conservatorio Arcangelo Corelli de Messina– están en Piantón para agasallar ao público co seu talento pero tamén para involucrarse nunha experiencia de aprendizaxe recíproca e convivencia.

“Son músicos jóvenes que están terminando sus másteres  y sus posgrados, y que empiezan a darse a conocer y a incorporarse a la vida profesional”, explica Elena Montaña, mezzo-soprano e directora do Festival.

Os instrumentos de vento predominan no elenco da oitava edición do festival de música clásica que programa quince concertos -que poden consultar aquí– ata o vindeiro 4 de agosto.

CONJUNTO FESTIVAL

Os artistas alóxanse en vivendas cedidas polos veciños da localidade, e dispoñen das aulas do C.R.A. Ría del Eo para preparar os seus repertorios e unirse ao taller participativo “Conjunto Festival”,  unha das singularidades do evento.

Durante a semana, os músicos invitados ensaian con outros estudantes e afeccionados un repertorio que interpretan conxuntamente nos dous concertos que pechan o ciclo. Entre as pezas elixidas, hai cada ano unha composición orixinal que, nesta edición, asina a pianista gaditana Dolores Serrano, que tamén se sumará ao elenco.

Os ensaios realizaranse  nas aulas do C.R.A. Ría del Eo durante a semana

“Buscamos músicos que sean muy buenos en sus instrumentos, pero también que estén dispuestos a improvisar, a cantar y a compartir”, comenta a directora do Festival, sobre este obradoiro que reunirá a 43 persoas nas aulas do centro educativo.

CICLO CONSOLIDADO

O ciclo musical chega a súa oitava edición como unha cita consolidada, “es una experiencia gratificante para los que vienen, y son ellos mismos los que la difunden. Afortunadamente, en este momento tenemos más músicos que quieren venir, que plazas disponibles. Tenemos que adaptarnos a los servicios y a las instalaciones de las que disponemos aquí”, apunta Elena Montaña.

“Tenemos un público muy fiel, que tiene mucha confianza en nosotros”

A igrexa de Piantón acollerá concertos durante toda a semana como escenario de referencia do Festival, que levará a música clásica tamén a outras localidades da contorna. Taramundi e Ribadeo repiten como destino dos “concertos itinerantes” e, como novidade, prográmanse actuacións tamén en tres igrexas do Camiño de Santiago en Valdepares (El Franco), Tol (Castropol) e Abres (Vegadeo).

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...