InicioCulturaO ourensán Javier Rodríguez gaña o premio de poesía Leiras Pulpeiro

O ourensán Javier Rodríguez gaña o premio de poesía Leiras Pulpeiro

A súa obra 'Citerea' sobresaíu para o xurado entre máis de 100 textos participantes

Publicada o

- Advertisement -

Javier Rodríguez, natural de Ourense, alzouse coa oitava edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O gañador sucede deste xeito ao vilalbés Martiño Maseda.

Concursaron no premio preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, ten por título ‘Citerea‘.

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada ‘A ferida‘, da que é autor Manuel López Rodríguez, de Noia.

A viguesa Branca Trigo Cabaleiro acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada como ‘O heroe de vidro‘. Branca Trigo é de Vigo.

O GALARDÓN ENTREGARASE O DÍA 23

A entrega do premio terá lugar o sábado, día 23 de novembro de 2019, a partir das 12.45 horas no consistorio, cunha ofrenda floral previa -sobre as 12.15- ante a tumba do poeta.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...