InicioCultura'Os mismos de sempre' inaugura a décima tempada de galas solidarias

‘Os mismos de sempre’ inaugura a décima tempada de galas solidarias

O colectivo, que estrea representación este sábado na casa da cultura de Tapia, leva recadados uns 70.000 euros para a investigación contra o cancro

Publicada o

- Advertisement -

Son horas de nervios para o elenco de “Os mismos de sempre”. O colectivo tapiego estrea este sábado o espectáculo da gala solidaria que organiza a beneficio da investigación contra o cancro. A casa da cultura de Tapia de Casariego estará ao completo xa que as localidades á venda esgotáronse hai xa días.

Dos números e representacións que han poñer en escena apenas temos datos. Os artistas queren soprender ao público como veñen facendo desde que se embarcaron na iniciativa hai unha década. “Tampouco sería doado de explicar. Son números moi distintos uns doutros e novos cada ano. Só podemos dicir que garantimos un rato entretido”, conta Isabel Cuervo, presidenta da asociación.

Nas últimas dúas semanas, acumulan horas e horas de ensaios xerais. “Esto requere renunciar a moito tiempo libre, implica un compromiso grande. Pero a ilusión coa que a xente vén mercar as entradas compensa”, di con satisfacción.

70.000 EUROS PARA INVESTIGACIÓN

Os boletos custan doce euros. “Sabemos que é diñeiro, porque moita xente vén en familia, pero dá os cartos con gusto”, expón Cuervo. A recadación que obteñen coa venda das localidades dóana ao Instituto Universitario de Oncología del Principado de Asturias (IUOPA), unha institución dedicada á investigación  do diagnóstico e tratamento do cancro.

Desde que se constituíron formalmente como asociación, doaron ao centro 70.000 euros, e a contía seguirá medrando coas cinco galas previstas para este ano –21 e 22 de xullo, e 11, 12 e 13 de agosto-.

60 PERSOAS A REDOR DO ESCENARIO

A iniciativa benéfico cultural ten as súas orixes no 2009, cando se representou a primeira gala. A promotora foi Carolina Santamarina, unha veciña de Tapia de Casariego “moi coñecida porque tiña unha boutique de roupa na vila”. Non tiña unha biografía artística, pero si vontade de contribuír á loita contra o cancro.  Sumou ao proxecto algúns veciños e veciñas ben dispostos, con algunha experiencia amateur pero ningún vínculo serio ou profesional co espectáculo, “xente dispar”, conclúe Isabel, que se adica á fotografía.

“Carolina comprometeuse a facer as galas durante tres anos, logo deixouno”. Os demais déronlle continuidade ao proxecto constituíndose como asociación, co nome de Os mismos de sempre. “Cando empezamos era un proxecto novidoso, estabamos moi ilusionados, pero se miramos atrás vemos que a evolución foi grande”. Espectáculos cada vez máis vistosos e diversos en xéneros e rexistros requeriron un equipo cada vez maior -persoas para decorados, vestiario e maquillaxa, iluminación, son, coreografías- e non faltaron voluntarios.

Na representación que estrean sábado veñen traballando desde novembro pasado unhas 60 persoas. O pano levantarase ás 22.00 horas.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...