InicioCulturaManel Loureiro presentará novela na Feira do Libro de Burela

Manel Loureiro presentará novela na Feira do Libro de Burela

A presenza do escritor pontevedrés será un dos atractivos do evento, do 31 de agosto ao 2 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

O escritor pontevedrés Manel Loureiro, autor da triloxía fantástica ‘Apocalipsis Zombie‘, será un dos autores presentes na cuarta edición da Feira do Libro de Burela, que se celebrará do 31 de agosto ao 2 de setembro.

Ademais de escritor de éxito -a saga foi publicada en trinta países-, Loureiro é colaborador habitual do programa de televisión Cuarto Milenio, no que conta lendas de Galicia. A súa charla está prevista para o venres, desde as 20.00 horas, para presentar a súa última novela, ‘Veinte‘.

A concellería de cultura do Concello organizará o evento. “Empezamos o ano que chegamos ao goberno municipal e a idea é seguir dando pasos, mellorándoa e sobre todo consolidándoa”, conclúe o edil desta área do goberno local, José Díaz.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...