InicioCulturaAs actividades ao aire libre protagonizan a programación cultural de Burela

As actividades ao aire libre protagonizan a programación cultural de Burela

A Praza da Mariña acollerá actuacións musicais e cine, e a romaxe do Monte Castelo será os días 27, 28 e 29

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de cultura de Burela deu a coñecer a programación cultural municipal no mes de xullo, enfocada ás actividades ao aire libre, en tanto que no auditorio municipal vanse levar a cabo melloras no son e no aforro enerxético da iluminación, segundo adiantou o edil, José Díaz.

O programa de actividades arrincará este xoves cun concerto de jazz na Praza da Mariña. O recital será aberto ao público e comezará ás 21.00 horas, e correrá a cargo do alumnado e o profesor, José García, da escola municipal de música. O domingo haberá unha nova edición do rastro solidario, na praza desde as dez da mañá ás tres da tarde.

O mércores 18 haberá cine ao aire libre, tamén na praza, en torno ás 22.30 horas, cunha película aínda por determinar.

A romaxe do Monte Castelo, os días 27, 28 e 29 de xullo, pechará a programación cultural de Burela neste mes.

AMARTE

A concellería de cultura tamén informa de que o prazo para presentar traballos ao certame de arte mural Amarte remata o domingo. Ata o momento recibíronse doce traballos. Amarte celebrarase na primeira fin de semana de agosto, coincidindo coa Feira do Bonito. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...