InicioCulturaUnha exposición repasará os 13 anos do Resurrection Fest

Unha exposición repasará os 13 anos do Resurrection Fest

A biblioteca acollerá a mostra, impulsada polo colectivo de comerciantes, desde o vindeiro martes

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV), coa colaboración da organización do Resurrection Fest, abrirá o martes na biblioteca municipal unha exposición sobre a historia do festival que se poderá ver ata o sábado, 14 de xullo. O horario de apertura ao público será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00.

A retrospectiva, titulada ‘13 años de Resurrection Fest‘, repasará a evolución do certame cos carteis de todas as edicións, fotografías de concertos ou merchandising.

É o segundo ano que abre a mostra, co obxectivo de achegar aos asistentes do festival ao centro histórico de Viveiro, unha iniciativa á que se unirá o fío musical do CCHV, que animará as rúas con música do festival.

A directiva do CCHV agradece a colaboración da organización do Resurrection Fest, que cedeu todo o material. O Concello de Viveiro prestou o local e a Xunta de Cofradías da Semana Santa viveirense tamén achegou o seu gran de area para que a mostra sexa posible.

CAMISOLAS

O CCHV fixo unha edición especial de camisolas personalizadas para o persoal dos establecementos de hostalería e negocios da agrupación, que vestirán na semana do festival. Os deseños retratan a personaxes emblemáticos do municipio como Pastor Díaz e Maruja Mallo cunha imaxe ‘Resu’.

NOVA MOEDA E PROMOCIÓN

A organización do Resurrection Fest, por outra banda, informou de que Tuents by Tuenti será a nova moeda oficial do evento. Os interesados en adquirila con descontos poden mercar na web do festival 55 euros en Tuents por 50 euros, e 120 euros por 100.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...