InicioCulturaFesta Normanda, Blanco e Touriñán e o San Bartolo fan de ponte...

Festa Normanda, Blanco e Touriñán e o San Bartolo fan de ponte entre agosto e setembro

A Feira do Libro de Burela, os Sábados de Contos de Viveiro ou a Malla Tradicional de Ourol son outros dos atractivos da fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

BURELA

Carlos Blanco e Xosé Touriñán presentarán en Burela, venres e sábado, o seu novo espectáculo, ‘Unha noite na praia’. Ambas as sesións serán ás 21.30 horas, cun prezo de 15 euros. Aquí podes ler a sinopse da obra.

Cartel da obra. AXM

A Feira do Libro de Burela cumpre o seu terceiro ano reunindo oito librarías. Os horarios de apertura das casetas será de 12.00 a 14.00 horas polas mañás e de 18.00 a 21.30 horas polas tardes. Neste enlace podes consultar o programa completo.

CERVO

O Coro da Mariña actuará no café bar cultural A Sacabeira, de Sargadelos, o sábado a partir das oito da tarde.

FOZ

Foz prepárase para unha nova edición da Festa Normanda. A presentadora de televisión Belinda Washington ofrecerá o pregón (venres, 21.00, área do Bispo Santo) dun evento que terá o seu momento central o sábado ás 14.00, co desembarco normando na praia de Tupide, onde San Gonzalo tentará obrar a milagre.

Cartel da Festa Normanda. AXM

 

OUROL

Os Aturuxeiros de Bravos convidan o sábado á terceira edición da súa Malla Tradicional, que este ano contará ademais cunha ruta cabalar.

Cartel da malla de Bravos. AXM

RIBADEO

O xornalista ribadense Fabián Pérez dará o pregón das festas patronais de Ribadeo, o sábado (20.30 horas, teatro). Podes consultar aquí o programa.

O Mercado dos Domingos de Ribadeo réndese esta semana ao tomate cun obradoiro e unha degustación, ademais de música.

Cartel do Mercado dos Domingos de Ribadeo. AXM

VEGADEO

Eco21 Vegadeo cumpre o sábado e o domingo 16 anos como mostra de agricultura ecolóxica dos Oscos-Eo. Trinta expositores participarán na feira.

Expositores de EcoVegadeo 2019. AXM

VIVEIRO

Arrincan os ‘Sábados de contos‘ en Viveiro (biblioteca municipal, 12.00 horas) coa actuación de Caxoto.

Felipe Díaz “Caxoto” e Gema Santos, durante unha actuación. AXM

XOVE

O pregón de Xacio Baño, o pasado xoves, deu inicio as festas patronais de Xove, na honra de San Bartolo.

O programa inclúe a actuación de orquestras como a Panorama, actividades infantís e unha sardiñada.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...