InicioCulturaRuxe Ruxe e Nao botarán o Aturuxo en Bravos

Ruxe Ruxe e Nao botarán o Aturuxo en Bravos

O festival, do 20 ao 21 de xullo, inclúe concertos, xogos populares e un obradoiro de baile con Pesdelán

Publicada o

- Advertisement -

As actuacións de Ruxe Ruxe e Nao serán dous dos reclamos da sétima edición do festival Aturuxo, que se celebrará na parroquia ourolesa de Santiago de Bravos os días 20 e 21 de xullo. A asociación cultural Aturuxeiros organiza o festival, que patrocina a Deputación de Lugo.

PROGRAMA

A cita comezará na noite do venres 20, cunha cea popular e unha foliada aberta ao público na que actuará o grupo Andarivel. O sábado 21, haberá sesión vermú desde as 13.30 horas, xogos populares a partir das 17.00 e, acto seguido, un obradoiro de baile a cargo de Pesdelán. Os concertos arrincarán ás 22.30 horas, coa presenza de Carecos, Monolious DOP, NAO e Ruxe Ruxe.

ACAMPADA E AUTOBÚS

Aqueles que queiran achegarse desde outras latitudes e durmir na localidade disporán dunha zona de acampada gratuíta, que estará situada a carón da igrexa parroquial. A organización ofrecerá outra posibilidade, con servizo de autobús de balde dende a estación de autobuses de Viveiro a Bravos.

A Deputada de cultura, deseño e artesanía, Pilar García Porto, o alcalde de Ourol, José Luis Pajón e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos esta nova edición do evento.

García Porto asegurou que o ente provincial “promove esta iniciativa co obxectivo de dinamizar a vida cultural das nosas vilas”. Pajón agradeceu o esforzo “dos Aturuxeiros, sen os que isto non sería posible” e Ramil lembrou que o festival conta “co apoio do tecido asociativo e empresarial do concello de Ourol”.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...