InicioCulturaEido Dourado inicia a súa décima tempada

Eido Dourado inicia a súa décima tempada

A exposición do artista barreirense contará "cun 80%" de obras novas e os concertos empezarán a mediados de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Eido Dourado comezará o vindeiro domingo a súa décima tempada. O espazo adicado á arte, situado a carón da praia da Pasada en Barreiros, permanecerá aberto de martes a domingo, de 11.30 a 13.30 horas, e de 18.00 a 21.30. O luns estará pechado.

Celso Dourado, director do proxecto, sinala que “abrimos o espazo Eido Dourado cunha exposición renovada na súa meirande parte, nun 80%. Hai unhas obras que son emblemáticas da miña traxectoria e sempre están expostas. Hai técnicas novas, vinculadas aos spray, que se poderán visitar. Hai cores realmente potentes que tamén proceden dunha serie de experimentacións”, expón. O artista barreirense fixo balance destes primeiros nove anos. “Evidentemente pasamos por unha serie de avatares e vicisitudes, pero aí estamos, cumprimos unha década”, explica.

ACTUACIÓNS MUSICAIS

A mediados do mes de xullo comezará o ciclo de concertos Seráns no Solpor, que contará con presentacións de discos. “Cando comecemos cos primeiros recitais iremos tomando medidas sobre o aforo. A capacidade do Eido para estar medianamente cómodos estará entre 150 e 200 persoas, e esperamos non sobrepasar ese límite para que a xente poida gozar deles”, afirma.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...