InicioCulturaCarlos Álvarez Lebredo pregoará as patronais ribadenses

Carlos Álvarez Lebredo pregoará as patronais ribadenses

O docente, fillo de Carlos Álvarez Fernández-Cid e afincado en Santiago, abrirá as festas o 1 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

A comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo anunciou que o profesor ribadense Carlos Álvarez Lebredo será o pregoeiro dos festexos na edición deste ano. O pregón será o 1 de setembro no teatro, e comezará ás 20.30 horas. O evento contará coa actuación da coral polifónica.

Álvarez Lebredo, afincado en Santiago de Compostela, é fillo de Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico de quen se celebra, xustamente este ano, o centenario do seu nacemento. O pregoeiro naceu en Ribadeo e traballa como docente de Literatura Galega desde 1983.

PUBLICACIÓNS

Entre as súas publicacións destacan artigos de crítica literaria e musical. Álvarez Lebredo, que escribiu máis de 100 textos de temática ribadense, é colaborador do semanario La Comarca del Eo e publicou tres libros: ‘Cincuenta años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez Fernández-Cid‘ (2003); ‘Música e sociedade ribadense (1900-2000)‘ (2007); e ‘Ribadeo. Dous pregóns de festas e unha invitación final‘ (2004).

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...