InicioCulturaO Principado destina 90.000 euros a proxectos editoriais en asturiano e galego-asturiano

O Principado destina 90.000 euros a proxectos editoriais en asturiano e galego-asturiano

O goberno autonómico investirá outros 20.000 euros en iniciativas musicais que contribúan a normalizar estes idiomas

Publicada o

- Advertisement -

A Consejería de Educación e Cultura vén de publicar as liñas de subvencións para a promoción da literatura e da música en asturiano e galego asturiano en 2018. O Boletín Oficial del Principado de Asturias (BOPA) do pasado venres recolle a convocatoria dirixida a proxectos editoriais e discográficos.

A partida destinada á difusión das linguas no ámbito editorial é de 90.000 euros e, segundo detalla a convocatoria, “poden presentarse proxectos de libros orixinais ou traducidos doutras linguas cunha tirada mínima de 300 exemplares e unha extensión que non sexa inferior a 50 páxinas, salvo no caso da literatura infantil e xuvenil.

A liña dedicada á promoción da música está dotada con 20.000 euros. As convocatorias e os formularios de solicitude poden consultarse e descargarse na web da Dirección Xeneral de Política Llingüística. O prazo para socilitalas remata o 20 de xullo.

Os recursos que o goberno asturiano destina á normalización social do asturiano e do galego-asturiano no ámbito literario e discográfico mantéñense nas mesmas cifras desde o 2015, malia que á mobilización social a favor dun maior recoñocemento para as dúas linguas é máis intensa e transversal.

MEDIOS E ENTIDADES LOCAIS

As achegas á promoción do libro e a música súmanse aos 90.000 euros destinados a medios de comunicación, e aos 40.000 dirixidos a entidades locais para financiar proxectos e actividades de normalización como a instalación de rótulos e sinais, a realización de cursos para persoal municipal ou a adecuación de páxinas web e ferramentas informáticas.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...