InicioCulturaCinco artistas locais entre os finalistas do certame de pintura mural Amarte

Cinco artistas locais entre os finalistas do certame de pintura mural Amarte

O xurado do concurso deu a coñecer este martes os dez creadores que deixarán a súa pegada no muro do porto de Burela durante a celebración da Feira do Bonito

Publicada o

- Advertisement -

O xurado do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte elixiu os dez artistas que deixarán a súa sinatura no muro portuario de BurelaCinco creadores da Mariña Lucense figuran no elenco de finalistas que reproducirán as súas propostas ao tempo que se celebran a Feira do Bonito e Produart, do 1 ao 4 de agosto.

O pintor de Alfoz Hipólito Xeada, que o ano pasado logrou o premio de Mellor Artista Local, o polifacético creador viveirense David Catá e o burelao David Fernández “DaviXiño” repiten no certame, mentras que a artista burelá Adriana Pardo e o deseñador e ilustrador Otto Tretto, cubano afincado en Viveiro, deixarán por primeira vez a súa pegada na contorna do porto.

O lucense Marcos Pereira, gañador da primeira edición, o vigués Delio Rodríguez o navarro Eneko Azpiroz, que tamén recuncan, son outros dos finalistas do certame, anunciados este martes.

Completan o cartel o coruñés Marcos Lamas e o tándem formado por Moisés Vargas e Tim Bergmeier, de Salamanca.

28 PROPOSTAS

O concelleiro de Cultura, José Díaz, felicitouse polo “éxito” da convocatoria á que se presentaron 28 propostas, chegadas maioritariamente de Galicia pero tamén doutros puntos do Estado –Cataluña, Navarra, Madrid, Castilla La Mancha e Castilla y León-.

Ademais de sumar nomes novos e fidelizar participantes, o edil destacou que o nivel “segue subindo con respecto ás pasadas edicións”.

Os artistas comezarán a pintar o xoves 1 de agosto ás 12.00 horas e terán ata o domingo 4 ás 10.00 horas para rematar as obras, todas arredor do mar, como requerían as bases do concurso.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...