InicioCulturaAxenda: plans para o San Xoán na Mariña e Occidente de Asturias

Axenda: plans para o San Xoán na Mariña e Occidente de Asturias

Orquestras, concertos, festivais históricos e degustacións de sardiñas e outros manxares protagonizan a festividade

Publicada o

- Advertisement -

VIVEIRO

As patronais de Covas son unha das grandes citas para os mariñaos. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que repetirá na verbena nocturna xunto con Montreal. A música comezará as 23.00 horas, haberá un pequeno descanso para a fogueira e continuará tras recibir o lume novo.

A celebración continuará con verbenas os días 24 e 25, cando será a agardada e multitudinaria sardiñada, ás 20 horas. 

Cartel do San Xoán de Covas.

XOVE

A primeira edición do Sanxan Fest, na Praia de Esteiro, contará co cantautor estadounidense Bart Davenport como principal gancho. A música comezará ás 19.30 horas.

 

CERVO

Na festa organizada por A Rebolaxe en San Cibrao non faltará unha degustación de porco en diferentes variedades e a música co grupo de versións Mi rollo es el rock.

En Rúa haberá churrascada desde as 20.00 horas e logo e verbena con Diamantes. 

Cartel do San Xoán da parroquia de Rúa, en Cervo.

En Figueirido celebrarase o San Luís, con misa ás 14.00 horas e sesión vermú. Pola noite haberá churrasco a cinco euros a ración, e desde as 22.30 horas verbena con PK2 e concerto pop con Los Limones.

FOZ

Para os amantes da verbena, o dúo Kiko e Noelia e Emperadores amenizarán a noite nas festas de Vilaronte. Tamén haberá sesión vermú con esta última formación. 

BARREIROS

San Estevo do Ermo acollerá a a sétima edición do festival histórico Augas Santas, con porco e año ao espeto, vodas celtas e queimada.

Festival de San Estevo do Ermo. AXM

MONDOÑEDO

O barrio dos Muíños habilitará inchables para os nenos desde as 17.00 horas. Ás oito comezará unha exhibición de zumba e haberá cea en carpa, previa á verbena, que correrá a cargo do dúo Epo-K. 

RIBADEO

Ove celebra o San Xoán con sardiñada e pancetada, desde as 21.00 horas, e as actuacións da orquestra New York e a disco móvil Blanco y Negro.

A PONTENOVA

A parroquia de Rececende celebra o San Xoán coa orquestra Nevada e a actuación da cantante do Incio Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión no 2011. 

CASTROPOL

A praia de Arnao será a sede dunha gran lumieira, que terá como aperitivo unha sesión vermú rockeira con Trastornos del Sueño (ás 13.00 horas) e unha sesión de house a cargo de Daniel Aibar, ás oito da tarde. 

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...