InicioCulturaA feira do libro de Ribadeo achegarase aos nenos

A feira do libro de Ribadeo achegarase aos nenos

A quinta edición do evento, do 29 de xuño ao 1 de xullo, celebrarase entre a oficina vella de turismo e o paseo do parque de San Francisco

Publicada o

- Advertisement -

A Feira do Libro de Ribadeo mudará de sede para achegarse aos nenos. Os actos programados no evento celebraranse na vella oficina de turismo e as dez casetas dos negocios participantes espallaranse polo paseo do parque de San Francisco. É unha das novidades que trae a quinta edición da cita, que se celebrará do 29 de xuño ao 1 de xullo e que presentaron o concelleiro de cultura, Farruco Graña, a técnica municipal nesta área, Neves Paz, e os responsables das librarías Galgo e Vivín.

Graña explicou que “a feira vai estar no mesmo lugar, no parque de San Francisco, pero vai ter como sede de operacións a vella oficina de turismo, o que agora chamamos a sala de exposicións de San Francisco”. O obxectivo do goberno local con esta medida é “combinar a presenza dos nenos no parque coa dos libros, porque hai que pensar nas crianzas como o futuro baluarte da nosa literatura”.

MARICA CAMPO ABRIRÁ A CITA E CANDIDO PAZÓ ENCARGARASE DA CLAUSURA

ACTUACIÓN “SORPRESA” O DÍA 30

Así, o programa da feira inclúe actividades para nenos, ademais de presentacións de novela negra ou libros gastronómicos. A escritoria do Incio Marica Campo encargarase de abrir o evento, que clausurará Cándido Pazó. O Concello ten reservada unha actuación sorpresa para o sábado 30, que “será o froito de esforzos entre distintas administracións que deron lugar a unha actuación singular na que combinaremos música, literatura e a tradición galega e americana”, explicou Graña.

CHISCADELAS A OUTRAS FESTAS

A feira do libro ribadense tamén terá unha chiscadela para outras festas do municipio. Así, o cartel de promoción adicarase ás pinturas de San Pedro de Arante e haberá unha exposición sobre o Ribadeo Indiano. O grupo de teatro da Pontenova, que representará unha paisaxe de A horta das cerdeiras’.

POSTOS

Terán o seu posto na fera o Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, Librería Anticuaria Galgo, Portobello Market, Librería Vivín, Librería Gráficas Santiago, Librería Pícaros Mundi, Librería Bahía, Librería Nobel, Editorial Canela, Editorial Embora e Editorial Bululú.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...