InicioCulturaA biblioteca de Castropol reinventa a animación á lectura

A biblioteca de Castropol reinventa a animación á lectura

O centro impulsa unha novidosa campaña con 'bookfaces' para atraer a un público xoven

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Menéndez Pelayo de Castropol presenta este venres unha creativa campaña de fomento da lectura na que traballa desde xaneiro. A imaxe e as redes sociais son os principais soportes desta iniciativa, que implicou a usuarios da biblioteca e que pretende cativar ás persoas alleas a esa efervescencia lectora que se respira no centro. “É unha campaña na que se constata que aquí se lee moito, e que anima aos que aínda non o fan”, sintetiza Manuela Busto, responsable deste servizo municipal.

A biblioteca e as rúas de Castropol convertéronse nestes meses últimos seis meses no escenario de orixinais e emotivas fotografías que agora circularán polas redes sociais e que se distribuirán tamén a través dos medios de comunicación e en anuncios publicitarios na rúa para animar á lectura, especialmente aos máis novos.

DIFUSIÓN VIRAL

Unhas das propostas máis orientada a difusión viral nas redes son os coñecidos como ‘bookfaces’, fotografías nas que os lectores se fusionan coas portadas dos libros, e que se popularizaron como recurso publicitario tras unha acción inicial creada en 2015 na Biblioteca Pública de Nova York.

“Cremos que son imaxes que conectarán moi ben co sector xuvenil”, comenta Busto. “’Ángeles Fugaces’” de Tracy Chevalier, ‘Después del amor‘ de Sonsoles Ónega ou ‘Parco‘ de Jordi Sierra i Fabra esconderon as caras dos usuarios que se prestaron ao xogo. “Algunhas fotos xa circulan pero só os protagonistas saben que son eles os que están detrás”, di, misteriosa. “Os que se acerquen á presentación, descubrirano”, indica Busto. A cita é este venres ás 18.30 horas.

inaugurada no 1922, a biblioteca só pechou durante tres meses na guerra civil

A campaña tamén aproveitou a longa historia da biblioteca –“inaugurada en 1922 e desde aquela pechada só tres meses durante a Guerra Civil– para facer outra serie fotográfica que pon en paralelo o onte e o hoxe. “Tiñamos fotografías fermosísimas sacadas aquí dentro hai máis de oitenta anos e volvemos facelas neses mesmos lugares pero con protagonistas de hoxe”.

#CASTROPOLLEE, CANCELO PROPIO

Ademais, inmortalizáronse momentos de lectura en situación cotiás. Unha nai que le aos seus fillos nun dos bancos do parque, un bisavó que follea un libro co seu bisneto sentados nunha chalana no porto, os padexeiros dunha traiñeira novela en man antes de saír remar. “Contamos coa fotógrafa profesional Ana Penzol, que é unha das usuarias da biblioteca. Déronse unha serie de circunstancias que tiñamos que aproveitar”, explica Busto. A biblioteca impulsará ademais un cancelo propio, #CastropolLEE, para difundir as imaxes.

ÉXITO

Os números avalan a labor dinamizadora da Biblioteca Menéndez Pelayo, que está situada na primeira planta da Casa da Cultura. En 2017, o centro superou os 8.400 visitantes e realizou máis de 5.630 préstamos.

NO 2017 HOUBO MÁIS DE 5.630 PRÉSTAMOS NUN CONCELLO DE menos DE 4.000 HABITANTES

Ademais, ao longo do ano organizaron 64 actividades complementarias entre conferencias, presentación de libros, exposicións e encontros dos clubs de lectura que se impulsan desde o centro. “Castropol é un municipio de menos de catro mil habitantes pero temos usuarios de toda a comarca, persoas de Vegadeo ou Ribadeo. Nos veráns temos unha subida importantísima”, apunta Busto, que en apenas minutos de conversa contaxia o entusiasmo pola encomenda que ten entre mans.

A axenda dese ano volve ser completa. Só no último mes, encontros co escritor e xornalista Diego Carcedo ou o divulgador e biológo Miguel Delibes de Castro, un roteiro literario organizado polo club de lectura e un acto de irmanamento coa biblioteca de Prelog, en Croacia, mediante un intercambio de fotografías expostas en cada un dos centros. 

ÚLTIMAS

Burela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

O Concello de Burela vén de realizar unha serie de melloras na canceira municipal,...

Espectáculo ‘Sentir’ do Mago Rafa no Pastor Díaz de Viveiro

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo...

Viveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou...

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...