InicioCulturaCoches clásicos e feira do gando animarán Foz

Coches clásicos e feira do gando animarán Foz

Alfoz recupera a Feira do Trece de Carballido, que se celebrará este sábado

Publicada o

- Advertisement -

O municipio de Foz acollerá a vindeira semana unha concentración de coches clásicos e a feira de gando da Espiñeira, en Vilaronte.

A cita automobilística, que conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto e o Concello de Foz, comezará ás 9.30 horas, coa inscrición dos vehículos participantes na Rapadoira. Ás 12.30 horas haberá unha degustación nos locais da Illa Nova e acto seguido os participantes comezarán rutas por Ribadeo e Castropol, que incluirá un paseo en barco pola ría de Ribadeo.

Os participantes estarán de volta ás 20.00 en Foz, para pasear polo porto e rematar o programa cunha degustación no Lar de Bustos.

A ESPIÑEIRA

A Feira de Gando Cabalar e Vacún da Espiñeira celebrarase o domingo. A cita, recuperada no polo Concello no 1998 e que conta coa colaboración da Consellería de Medio Rural, inclúe carreiras de cabalos e sesión vermú. Tamén haberá un restaurante ambulante para quenes queiran comer no recinto.

A organización reservou un premio de 250 euros para o maior número de cabezas de gando cabalar, cun mínimo de cinco cabalos; outro de 250 euros para o maior número de cabezas de gando vacún, cun mínimo de cinco animais; e un de 150 euros para a cabeza de gando máis destacada entre cabalar e vacún”.

As carreiras de cabalos animarán a tarde, desde as 17.00 horas, e contarán con xuíces titulados. Haberá dúas categorías: andadura para exemplares de menos de 1,50 e outro concurso para animais de máis de 1,50.

Cartel da Feira do Trece. AXM

FEIRA DO TRECE EN ALFOZ

O sábado, Carballido (Alfoz) recuperará a súa tradicional Feira do Trece. A feira contará con gando, alimentos, artesanía e unha mostra de can de palleiro.

Haberá premios para os expositores de gando, sesión vermú, xantar, desfile de zocas e baile.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...