InicioCulturaViveiro acollerá un curso da USC sobre menores e educación

Viveiro acollerá un curso da USC sobre menores e educación

O prazo de matriculación na actividade, cofinanciada polo Concello, finaliza o 23 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

O IES Vilar Ponte de Viveiro acollerá un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), titulado ‘Menores: familia, escola e comunidade como eixos de intervención educativa‘. Será do 4 ao 6 de xullo, e o prazo para anotarse na actividade remata o día 23. O curso está cofinanciado polo Concello de Viveiro.

Dirixido por Miguel Santos Rego e Mar Lorenzo, o evento ten como obxectivo analizar a realidade actual dos menores no marco das transformacións sociais, ademais do seu influxo e crecemento na formación da personalidade. O programa ao completo pode consultarse aquí.

MATRÍCULA

A taxa de matrícula é de 70 euros, que se reduce a 40 no caso de estudantes universitarios, de bacharelato ou formación profesional, pensionistas ou parados. A USC recoñece o curso, de 24 horas lectivas, cun crédito ECTS.

Os interesados en inscribirse poden facelo na web da USC.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...