InicioCulturaA Xunta inclúe o Resurrection na marca FEST Galicia

A Xunta inclúe o Resurrection na marca FEST Galicia

O proxecto creará un selo de calidade para os festivais e apoiará as citas que aspiran á profesionalización

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest é un dos dez festivais de verán recoñecidos pola Xunta de Galicia dentro da nova marca FEST Galicia, presentada onte na Cidade da Cultura. O proxecto, que nace a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), apoiará os encontros que busquen “funcionar de xeito profesional” e “promocionar o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social”.

O proxecto, en colaboración coa Asociación de Festivais de Galicia, fixará unha serie de estratexias co obxectivo de facer os certames sustentables e de aumentar o retorno económico dos mesmos nas comarcas que os acollen.

ESTRATEXIAS

Así, realizaranse “estudos de impacto económico, social e mediático dos eventos; redactarase un manual de boas prácticas asociado á posta en marcha dun selo de calidade que recoñeza aqueles festivais que cumpran criterios de excelencia, profesionalidade e sustentabilidade; e elaborarase un plan estratéxico do sector”, asegurou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.

PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival son os dez primeiros festivais na listaxe de FEST Galicia, aberta a novos nomes.

AGRESIÓN OFF

Ademais, a marca vincularase coa campaña ‘Agresión Off‘. Deste xeito establecerase un protocolo de prevención contra a violencia machista neste tipo de eventos. Faranse decálogos informativos, proxectaranse vídeos e disporanse puntos de atención de asesoramento para saber que facer en caso de agresión.

ÚLTIMAS

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos...