InicioCulturaOtero Regal participará no concurso de pintura mural de Burela

Otero Regal participará no concurso de pintura mural de Burela

O ceramista viveirense será o artista convidado do evento, que se celebrará do 1 ao 5 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

A segunda edición do certame internacional de pintura mural Amarte contará coa presenza do ceramista viveirense Alfonso Otero Regal, que participará cunha obra da súa autoría. O concurso, que organiza o Concello de Burela, celebrarase no porto entre o 1 e o 5 de agosto, en consonancia coa trixésimo cuarta Feira do Bonito, que será o día 4.

PREMIO NACIONAL

O concelleiro de cultura, José Díaz, lembra que o ilustrador suízo Marc Taeger foi, na pasada edición de 2017, o artista convidado do certame. “Este ano apostamos por todo un Premio Nacional de Cerámica, que ademais é mariñao. É un orgullo que Otero Regal nos acompañe cunha obra na que está a traballar”, resalta.

o prazo para presentarse ao certame, que coincidirá coa feira do bonito, remata o 15 de xullo

O edil sinala que se presentaron dez bocetos a este concurso e agarda que un maior número de participantes se inscriban ao longo das vindeiras semanas. O gañador recibirá 1.200 euros, mentres que o segundo premio levará 600 e o terceiro, 300. Ademais, haberá un galardón local dotado con 300 euros. O prazo para anotarse remata o 15 de xullo, e os interesados poden enviar a súa obra ao correo electrónico amarteburela@gmail.com. Na páxina do Facebook están todas as bases do certame.

Díaz sinala que o concurso ten “un dobre obxectivo; por un lado, fomentar a expresión artística no noso muro portuario, e por outro, darlle maior dimensión cultural á Feira do Bonito”.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...