InicioCulturaRibadeo súmase á homenaxe ao Gardarríos e Antonia Díaz

Ribadeo súmase á homenaxe ao Gardarríos e Antonia Díaz

A guerrilleira antifascista era natural de Vilelas e criouse no lugar de Reverte, en Piñeira

Publicada o

- Advertisement -

A xunta de voceiros do Concello de Ribadeo acordou que a corporación municipal sumarase á homenaxe a Luís Trigo Chao, o Gardarríos, e Antonia Díaz Pérez, loitadores antifascistas, con motivo do 70 aniversario do seu asasinato. O evento conmemorativo será o 23 de xuño, con actos en Mondoñedo e Lourenzá.

PERFIL DE DÍAZ

Díaz Pérez, que foi abatida xunto co seu compañeiro con só vinte anos, era natural de Vilela, en Cubelas, e residía no lugar de Reverte, na parroquia de Piñeira. Naceu o 12 de xuño do 1928 e axiña quedou orfa de nai. Traballou de nena como labrega, xornaleira e pastora de gando.

NA CLANDESTINIDADE DESDE OS 18 ANOS

Trala detención do seu irmán Fidel por colaborar nas actividades de oposición, Antonia pasou á clandestinidade, con 18 anos. Foi asasinada en Vilanova de Lourenzá o 25 de xuño do 1948 xunto ao seu compañeiro sentimental, o Gardarríos. O seu corpo foi enterrado nun baldío do cemiterio da vila. 

A corporación quere honrar a memoria da súa veciña e convida aos ribadenses a que se sumen á homenaxe.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...