InicioCulturaAlfoz celebrará no 2020 o 800 aniversario da vila de Castrodouro

Alfoz celebrará no 2020 o 800 aniversario da vila de Castrodouro

O 10 de abril do vindeiro ano cumpriranse oito séculos do fuero de Alfonso IX que marcou a orixe do municipio actual

Publicada o

- Advertisement -

Alfoz inicia a conta atrás para celebrar o 800 aniversario da vila de Castrodouro, arredor da cal se creou o municipio.

O 10 de abril de 2020 cumpriranse oito séculos do fuero concedido polo rei Alfonso IX aos poboadores do enclave, que tivo a súa orixe nun asentamento castrexo.

O estatuto outorgaba ao Castrodouro o título de vila e determinaba o alfoz ou terreo sobre o que exercería a súa xurisdicción.

O fuero marcou a configuración territorial do actual concello que, ata finais do século pasado, mantivo o nome de Alfoz de Castrodouro.

ANAGRAMA

O Concello presentou este mércores, xusto un ano antes, o anagrama deseñado para promocionar a efeméride.

Logo da efeméride. AXM

O responsable da Área de Cultura e Turismo, Xabier Pardiñas, subliñou a “importancia que a data ten na historia do concello” e explicou que o logo se “empregará en toda a publicidade” do departamento ao longo dos vindeiros doce meses para dar “visibilidade” á celebración.

TALLER DE ACUARELA

O acuarelista leonés Juan Ramón Alves, gañador das dúas últimas edicións do Maratón de Pintura de Alfoz, impartirá un taller infantil de acuarela para nenos de 10 a 14 anos.

O obradoiro será os días 15, 16, 17 e 18 en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas na aula OMIX de Alfoz, e nel traballarase na introdución ao debuxo e a acuarela, o coñecemento de materiais e o desenrolo de tres propostas fotográficas.

O prazo de inscrición remata o venres 12. Informan no consistorio e na pa páxina web www.concellodealfoz.com.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...

Ribadeo iniciará en breve as obras na rúa Buenos Aires con apoio da Consellería do Mar e Portos de Galicia

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, agradece a colaboración da Consellería do Mar e...