InicioCulturaGermán Paleo gaña o Cervo Respecta de fotografía

Germán Paleo gaña o Cervo Respecta de fotografía

Diego Pérez levou o segundo premio e Antonio Herrera recibiu o galardón Top Cervo

Publicada o

- Advertisement -

Germán Paleo Navarro, coa instantánea Estrelas no Roncadoiro, tomada pola noite no faro de Xove, gañou a oitava edición do certame de fotografía Cervo Respecta, que o Concello organiza cada ano para celebrar o Día do Medio Ambiente e que reuniu nesta edición a 19 persoas, procedentes de distintos puntos de Galicia.

37 IMAXES

Valoráronse no concurso 37 fotografías, 12 das cales retrataron algunha paraxe do municipio. O autor da instantánea gañadora levou unha figura da cerámica de Sargadelos e un vale de 150 euros para empregar en establecementos do concello cervense.

Imaxe gañadora. AXM

Diego Pérez Dopico, coa fotografía ‘O momento‘, realizada no Baleo (Ortigueira), levou o segundo premio, dotado cunha figura de Sargadelos e 75 euros en compras.

Segundo premio. DIEGO PÉREZ

Antonio Herrera Huerta levou o galardón Top Cervo, valorado en 50 euros, por ‘Portelo‘. 

Premio Top Cervo. ANTONIO HERRERA

Participaron na entrega de premios, na sala de exposicións da biblioteca, o alcalde, Alfonso Villares, e a edil de medio ambiente, Manuela Méndez, que destacaron que o Cervo Respecta “é un certame consolidado” que ten como fin “concienciar no respecto ao noso medio ambiente e á nosa natureza, o noso ben máis prezado e máis vulnerable”. 

ÚLTIMAS

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Charla en Burela sobre cambios normativos que afectan a persoas con dano cerebral adquirido

O Concello de Burela acolle, no Salón de Plenos, unha sesión informativa sobre os...

Un equipo especializado da Garda Civil traballa para determinar as causas do incendio do Valadouro

Un equipo especializado de investigación de incendios da Garda Civil, con sede na cidade da...