InicioCulturaMondoñedo acollerá a verbena máis longa de Galicia, con 40 orquestras

Mondoñedo acollerá a verbena máis longa de Galicia, con 40 orquestras

París de Noia, Claxxon ou Compostela actuarán do 5 ao 7 de abril na cidade episcopal

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 40 orquestras -entre elas París de Noia, Claxxon, Compostela ou Os Satélites– actuarán de xeito gratuíto en Mondoñedo entre o 5 e o 7 de abril nun macro festival tributo á verbena, organizado pola Asociación Galega de Orquestras (AGO), que a AGO adoita celebrar para promocionar as formacións musicais de cara á tempada que comeza.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao edil de educación e xuventude, Alberto García, acompañaron esta mañá ao presidente da AGO, Manolo Fariña, na presentación do cartel deste evento.

Na Alameda dos Remedios, as formacións poñerán música durante 48 horas seguidas dende as 21.00 horas do 5 de abril ata as 21.00 horas do 7 de abril. O programa da que será a verbena máis longa de Galicia está aberto polo que poderá sumar aínda as actuacións de máis formacións musicais da verbena galega.

Cartel do evento. AXM

DOUS ESCENARIOS

Haberá dous escenarios nos que cada formación presentará a súa respectiva proposta musical, repertorio e espectáculo, de cara a esta tempada. A entrada será de balde.

García agradece á AGO que escollese Mondoñedo. “Apoiamos esta iniciativa e puxémonos á disposición da organización para que este festival de promoción das orquestras tivese lugar en Mondoñedo. Atraerá xente á localidade durante estes días o que, sen lugar a dúbidas se converte nun activo moi positivo para a cidade”, asegura o edil.

ÚLTIMAS

Recurso contra o arquivo do caso da Maruxaina, que investigou gravacións a mulleres cando ouriñaban

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...