InicioCulturaA Frouxeira acollerá unha recreación histórica

A Frouxeira acollerá unha recreación histórica

Os concellos de Foz e Alfoz impulsan a representación, que axudará a popularizar o espazo

Publicada o

- Advertisement -

O pico da Frouxeira servirá como escenario para unha recreación histórica o vindeiro venres, 8 de xuño. A escenificación, que impulsan os concellos de Foz e Alfoz, chámase ‘A historia cobra vida na Frouxeira‘.

O acto, con entrada de balde, comezará ás 21.00 horas, aínda que o público debe estar como mínimo media hora antes da escenificación, pois o acceso ao recinto pecharase ás 20.30.

Pola mañá, ás 11.30 horas, o alumnado de quinto e sexto de primaria dos colexios de Alfoz e Foz poderá desfrutar da recreación.

A intención é promocionar a fortaleza da Frouxeira, cun dos miradoiros máis espectaculares da Mariña Lucense. Esta iniciativa súmase á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta con subvención concedida pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...