InicioCulturaA Ópera Nacional de Moldavia recreará 'Carmen' en Burela o 30 de...

A Ópera Nacional de Moldavia recreará ‘Carmen’ en Burela o 30 de marzo

A localidade mariñá acollerá unha das dez representacións en España do clásico do repertorio operístico

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá o vindeiro 30 de marzo unha das dez representacións en España da ópera ‘Carmen’, de Bizet.

A Ópera Nacional de Moldavia incluíu a localidade mariñá na súa xira de primavera, coa que levará este clásico do xénero a cidades como Vigo, Pontevedra, Ourense, Alicante, Murcia, Cuenca, Logroño, Valladolid e Salamanca.

Así, a ópera volve a Burela en primavera, despois da representación de ‘Madame Butterfly’, de Puccinino pasado outono.

As entradas sairán á venda o 25 de febreiro en ataquilla.com, a prezos que oscilarán entre os 12 e os 18 euros.

“PROGRAMACIÓN DE CALIDADE”

O concelleiro de Cultura, José Díaz,  amosouse “orgulloso” de contar coa actuación e explicou que “a resposta da xente do concello e do resto da comarca, que enche o auditorio” fixo doado “convencer” á compañía moldava para volver a Burela, onde xa estivo noutras tres ocasións.

O edil burelés indicou que, máis aló dun evento illado de calidade, o obxectivo do concello é “manter unha liña de programación constante”. Así, adiantou que traballa na posibilidade de “programar ópera non só en inverno, se non tamén en primavera“.

Díaz destacou que, ademais de “fortalecer o acceso á cultura”, estas representacións poñen Burela “no mapa”, atraendo novos visitantes co conseguinte beneficio para o comercio e a hostelería local.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...