InicioCulturaBalen e Burela, dez anos de encontros

Balen e Burela, dez anos de encontros

Escolares belgas visitan estes días o municipio nun programa de intercambios que comezou no 2008

Publicada o

- Advertisement -

O Ceip Plurilingüe Vista Alegre de Burela cumpre dez anos de intercambios co colexio GBS De Bosmier de Balen (Bélxica). A primeira destas actividades foi en maio do 2008, cando 24 alumnos de sexto de Educación Primaria viaxaron á localidade da provincia de Amberes. Os rapaces teñen agora 22 anos.

Nestes días, ata o 31 de maio, 36 escolares belgas de quinto e sexto cursos de Educación Primaria desfrutan dun variado programa cultural e de ocio no municipio, encadrado dentro do plan Erasmus + da Unión Europea.

Os estudantes participaron nunha ruta xeolóxica co guía Fran Canosa. Tamén se desprazaron á Coruña, onde visitaron a Torre de Hércules, o Aquarium e a Casa das Ciencias.

Ruta xeolóxica no Perdouro. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu aos visitantes no consistorio. Explicoulles a importancia da pesca para o municipio e das 42 nacionalidades que conviven no concello. O rexedor entregoulles a rapaces e mestres un pin e un agasallo institucional para o centro de estudos. institucional para o centro do que proveñen. Ao remate do acto fixeron unha foto a carón do Concello.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...