InicioCulturaAs entradas para Blas Cantó en Mondoñedo, á venta na tarde deste...

As entradas para Blas Cantó en Mondoñedo, á venta na tarde deste luns

O vocalista murciano ofrecerá un concerto acústico no auditorio mindoniense o 30 de abril, dentro da programación das Quendas

Publicada o

- Advertisement -

As entradas para o concerto de Blas Cantó nas feiras e festas das Quendas, o 30 de abril, poderanse adquirir desde esta tarde.

As localidades estarán dispoñibles, a partir das 16.00 horas, no seguinte enlace da plataforma Woutick. O custo das entradas é de 22 euros máis gastos de xestión.

O coñecido artista murciano ofrecerá un concerto en acústico (auditorio Pascual Veiga, 22.00 horas) dentro da programación da Quendas.

Organizados pola Asociación As San Lucas en colaboración co Concello, os festexos celebraranse este ano entre o 29 de abril e o 1 de maio. O concerto será o 30 de abril, ás 22:00 horas.

Trala súa participación na boy band Auryn, coa que se converteu nun superventas tanto en España como en Latinoamérica, Cantó gañou a quinta edición do concurso televisivo ‘Tu cara me suena‘.

O vocalista murciano obtivo discos de ouro e platino con ‘El no soy yo‘ e no pasado mes de setembro publicou o álbum de estudo ‘Complicado‘, o seu primeiro LP como solista.

“PROMOCIÓN DA CIDADE”

O presidente da agrupación organizadora, Miguel Souto, cre que o recital será “un bo medio de promoción da nosa cidade, xa que o turismo é un dos activos de Mondoñedo e así as San Lucas e As Quendas son fundamentais para a economía da nosa cidade”.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...