InicioOccidentalViveiroA obra 'Mario non existe' leva o VIII Premio de Novela Irmáns...

A obra ‘Mario non existe’ leva o VIII Premio de Novela Irmáns Vilar Ponte

O premio está convocado polo Concello de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O xurado da oitava edición do Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro, acordou unanimemente outorgar o galardón á obra “Mario non existe”, de Francisco Fernández Dávila, e nomear como finalista a novela “O diario do sangue”, de Óscar Martínez Rei.

O tribunal –composto polo cronista e historiador Carlos Novo, a escritora e enfermeira Rosalía Morlán e o investigador e crítico literario Armando Requeixo– destacou a novela gañadora pola súa “capacidade para transportar a mundos afastados” trasladando aos seus protagonistas desde Galicia ata Nepal “nunha viaxe espiritual e que acabará por transformar a súa cosmovisión e identidade”.

Así mesmo, enxalzaron unha “poderosa narración” ademais dunha “cartografía do simbólico” que convida o lector a “repensar cuestións transcendentes” como o destino, o azar, as relacións familiares ou a amizade.

“Este recoñecemento supón un compromiso coa cultura e a lingua galega á vez que converte a Viveiro nun referente literario, destacando a importacia de converter o noso concello no epicentro da literatura galega contemporánea e atraer talento de autores de todo o país”, defendeu a alcaldesa do municipio, Mariña Gueimunde.

OBRA FINALISTA

Con respecto á obra finalista, o xurado resaltou “O diario do sangue” como unha historia “chea de intrigas” que reflicten a sociedade actual “chea de claroscuros e móbiles sórdidos”, así como a violencia estrutural, a marxinación e a “condena do que non se somete ás convencións sociais”.

“É unha obra escrita con extrema fluidez e diálogos áxiles e convídanos a un relato trepidante onde nada é o que parece e todo muda nun carrusel de vertixe”, subliñaron.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...