A multinacional Nutella presentou a súa nova campaña “Bos días con Nutella”, unha iniciativa que busca poñer en valor o almorzo como un dos momentos máis especiais da xornada, estreitamente ligado ás costumes e á identidade cultural de cada territorio.
Nesta edición, a marca lanza unha colección de 17 tarros de edición limitada (formato de 750 g), onde cada un está dedicado a un lugar emblemático de cada comunidade autónoma. A proposta percorre a xeografía española de norte a sur, destacando desde espazos naturais únicos ata os recunchos máis icónicos das cidades.
Unha aposta pola estética contemporánea e a arte
O deseño sitúase como o gran protagonista desta campaña. Os tarros foron reinventados cunha estética vibrante e contemporánea, fuxindo da representación tradicional para ofrecer unha linguaxe visual inspirada na arte. A través dun uso emocional e creativo da cor, cada paisaxe é reinterpretada para ofrecer unha mirada máis expresiva da riqueza xeográfica do país.
Segundo explica a marca, esta evolución estética responde á vontade de seguir explorando novas formas de narrar o territorio, mantendo o vínculo histórico que Nutella estableceu co contorno local.
Colaboración con creadores de contido e evento en Madrid
Para reforzar esta celebración da diversidade, a campaña conta coa participación de 17 creadores de contido, representando a cada unha das comunidades autónomas. Estes autores terán a misión de reinterpretar o almorzo local da súa rexión desde unha perspectiva creativa e contemporánea.
As obras resultantes desta colaboración serán as protagonistas dun evento especial que terá lugar en Madrid o vindeiro 6 de maio, onde se exporán ditintas visións artísticas sobre a gastronomía e a cultura do almorzo en España.
Con “Bos días con Nutella”, a marca non só presenta un produto, senón que propón unha celebración visual que funciona como unha fiestra á diversidade e ao patrimonio do país.
