InicioCulturaConferencia 'A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía'...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

A conferencia está organizada por A Mariña Patrimonio para o mércores 22 de abril e participarán e Rebeca Blanco Rotea e Francisco Alonso Toucido, arqueólogos responsables da escavación realizada en 2021

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos da Casa do Concello de Viveiro, a conferencia A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía.

A charla correrá a cargo de Rebeca Blanco Rotea e Francisco Alonso Toucido, arqueólogos responsables da escavación realizada en 2021 na Cova de San Xoán Vello, en Covas.

Durante a conferencia daranse a coñecer os resultados da intervención arqueolóxica, así como os principais achados obtidos nos traballos de escavación. A actividade permitirá achegar ao público un mellor coñecemento da historia e do valor patrimonial deste enclave singular do litoral viveirense.

Con esta iniciativa, Mariña Patrimonio quere contribuír á divulgación do patrimonio cultural da comarca e favorecer o coñecemento público dun lugar de grande interese histórico e arqueolóxico.

O acto conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...