InicioCulturaOs Cantos de Taberna volven a Trabada o 22 de febreiro

Os Cantos de Taberna volven a Trabada o 22 de febreiro

O Concello trabadense colabora coa hostalería na organización da xornada para "dinamizar o sector e potenciar o turismo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada organiza o venres 22 de febreiro a segunda edición dos Cantos de Taberna.

O goberno local impulsa esta xornada en colaboración cos establecementos hostaleiros Camiño Norte, Taberna da Curuxeira, Bar O Porfirio e Bar Villapol. Dado que non existe unha asociación de comerciantes, o Concello considera que a iniciativa axudará “a fomentar o turismo e dinamizar o sector hostaleiro”.

INSCRICIÓN

O evento comezará ás 20.00 horas e os interesados en participar teñen ata o venres, 8 de febreiro, para presentar as súas solicitudes. A actividade é gratuíta e os grupos poden anotarse no correo electrónico concello@trabada.es ou no número de teléfono 982.135.011.

As bases recollen, entre outros aspectos, o número de persoas mínimo e máximo das agrupacións participantes, entre cinco e dez integrantes.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...